Capítulo II

Réxime de concesión de becas, campionatos galegos, españois e delegados.

Artigo 1

O obxecto deste capítulo é establecer as bases do sistema de concesión de becas que o noso club entrega aos seus xogadores co fin de fomentar a súa participación en competicións oficiais de carácter autonómico e nacional.

Artigo 2

O órgano encargado da concesión de becas será a Xunta Directiva do Círculo Ferrolán de Xadrez, en adiante XDCFX. A XDCFX deberá realizar as seguintes tareas:
  1. Distribuir a partida orzamentaria de becas, establecer o número de becas para cada categoría e torneo así coma a cuantía de cada beca.
  2. Aplicar o sistema baremado e dar a lista dos xogadores becados.
  3. Fixar a data do pago efectivo das becas.
  4. Recurtar as becas no caso de que se sufrira algunha diminucion nos ingresos previstos.
  5. Dar a condición de cedidos a xogadores do Círculo Ferrolán de Xadrez que xoguen noutros clubs durante unha temporada. Este será o único xeito de que estes xogadores poidan acceder ao sistema de becas do CFX.

Artigo 3

O importe da beca será empregado única e exclusivamente para sufragar os gastos ocasionados pola participación no torneo (transporte, aloxamento e manutención). Cada xogador deberá entregar xustificantes polo importe da beca da forma e maneira que determine a XDCFX (facturas con CIF do CFX). No caso de ser maior o importe da beca que os gastos ocasionados na competición correspondente a beca será recurtada polo total deses gastos. A diferencia será ingresada noutra partida orzamentaria do CFX.

Artigo 4

No caso de que houbera becas que quedaran desertas a XDCFX decidirá que facer con eses cartos; ou ben crear unha nova beca ou ben destinar os cartos a outra partida orzamentaria se fóra necesario.

Artigo 5

Os monitores e entrenadores do CFX deberán entregar os informes que precise a XDCFX para a valoración dos xogadores.

Artigo 6

Os socios que queiran optar a becas deberán cumprir os seguintes requisitos. A vulneración dalgún deles o incapacitará para recibir as becas.
Lista de requisitos para os aspirantes a becas:

  1. Ser socios numerarios do Círculo Ferrolán de Xadrez e ter pagada a cuota integra da temporada do torneo para o que se obteña a beca ou ben ser socios familiares e que o socio numerario do que son dependentes teña pagada a cuota integra da temporada en vigor.
  2. Xogar no equipo do Círculo Ferrolán de Xadrez que determine a XDCFX ou ben ter a condición de cedido para xogar noutros equipos distintos do Círculo Ferrolán de Xadrez.
  3. Non cometer faltas graves na presente temporada ou ter sancións pendientes durante esta temporada.
  4. Xogar alomenos o zonal clasificatorio da súa categoría.
  5. Exhibir boa conducta nas competicións coma representante do Círculo Ferrolán de Xadrez e colaborar co club no ánimo e desenvolvemento das súas actividades.
  6. Clasificarse no campionato galego entre os 10 primeiros xogadores, este criterio é aplicable para os aspirantes a becas do Campionato de España.

Artigo 7

Os aspirantes a becas terán os seguintes dereitos:

  1. Ser avaliados dun xeito imparcial pola XDCFX e ter as mesmas posibilidades que calquer outro xogador do CFX sempre que se cumpran os requisitos indicados.
  2. Recibir información de todo o relacionado coas becas (baremos empregados, informes de monitores e entrenadores, lista de becados, etc).
  3. Poder facer todas as alegacións e suxerencias que estimen oportunas á XDCFX ue aceptará todas aquelas que sexan significativas para a mellora deste sistema.
  4. No caso de crer que exista unha vulneración grave dos seus dereitos coma xogador candidato ou ben algunha vulneración dos seus dereitos con respecto a súa condición de socio, o socio reclamante poderá apelar á XDCFX ou mesmo ante a Asamblea Xeral.

No caso de xogadores candidatos menores de 18 anos, que serán socios familiares, os dereitos 2, 3 e 4 poderán ser asumidos polo socio numerario do que dependa ese xogador que actuará en representación do menor.

Artigo 8

Un xogador pode optar a becas en diversas categorías, en cada unha delas obterá unha valoración diferente.

Artigo 9 "baremos para os campionatos galegos"

Todos os xogadores candidatos a obter becas serán avaliados e obterán unha puntuación correspondente da suma dos seguintes conceptos:

Artigo 10 "selección dos becados para os galegos"

Escolleranse por orde de prioridade da lista de valoracións de cada categoría tantos xogadores coma becas haia para cada categoría. No caso de non asistencia ao campionato galego sen causa moi xustificada o xogador perderá o dereito a obter becas no ano seguinte. En todo caso o xogador deberá entregar a renuncia canto antes á XDCFX que poderá seleccionar a outro xogador para sustituilo.

Artigo 11 "baremos para os campionatos españois"

Todos os xogadores candidatos a obter becas serán avaliados e obterán unha puntuación correspondente da suma dos seguintes conceptos:

Artigo 12 "selección dos becados para os galegos"

Escolleranse por orde de prioridade da lista de valoracións de todas as categorías tantos xogadores coma becas haia para cada categoría segundo a prioridade desa lista pero sempre se escollerá un xogador de cada categoría que estea representada. Noutras palabras escollerase ao xogador con mellor valoración de cada categoría e co resto (de todas as categorías) se escollerán tantos coma becas queden coidando á valoración dos xogadores.

No caso de non asistencia ao campionato español sen causa moi xustificada o xogador perderá o dereito a obter becas no ano seguinte. En todo caso o xogador deberá entregar a renuncia canto antes á XDCFX que poderá seleccionar a outro xogador para sustituilo.

Artigo 13 "dos delegados nos campionatos galegos e españois"

A partida de becas non só será empregada para este efecto senón que tamén asumirá o gasto de desprazamento, aloxamento e manutención dos delegados do club nas competicións galegas ou españolas. Naquelas probas onde participen menores de 16 anos a XDCFX deberá proveer dos fondos precisados para estes delegados que serán escolllidos pola Escola do Círculo Ferrolán de Xadrez previa ratificación da XDCFX.

Artigo 14 "O delegado"

Un delegado deberá ser responsable do coidado dos nenos durante todos os días da competición, en especial, de informalos de todos os seus dereitos e obrigacións nunha competición. O delegado deberá ter coma única tárea nese torneo o coidado dos nenos e non deberá relaxarse no exercicio da súa actividade.

Un delegado será un representante oficial do Círculo Ferrolán de Xadrez e actuará en nome do noso club para todo o relacionado coa correspondente competición.

Por outra parte os xogadores a cargo do delegado deberán acatar en todo momento as decisións e disciplina do delegado. O incumprimento deste apartado conlevará a expulsión do neno do grupo de xogadores do CFX nesa competición, ademáis poderá ser considerado falta grave e sancionarse coa perda da beca e a posibilidade de obter unha nova beca no ano seguinte.

A XDCFX poderá nomear delegados para competicións sen necesidade de que sexan campionatos galegos ou españois. No caso dunha proba con menores de 16 anos os parrafos anteriores son plenamente aplicables.

Con xogadores de calqueira idade o delegado do CFX segue a ser o representante do club nesa competición e poderá representar aos xogadores e os intereses do CFX. Así mesmo será o responsable de ordenar o comportamento, disciplina, decisións deportivas, etc. que afecten aos xogadores ou equipos do CFX que estean ao cargo dese delegado.