Capítulo III
Réxime Interno acerca
da Información do CFX e a súa relación cos medios de comunicación
e cos socios.
O Círculo Ferrolán de Xadrez (CFX) ten coma
obxecto fundamental a extensión e fomento da práctica do xadrez.
Con este obxectivo o CFX debe dar a coñecer as súas actividades
na nosa cidade e nos seus medios de comunicación das seguintes maneiras:
- Publicitar e informar acerca de todas as competicións e cursos que
organice, colabore ou participe o noso club.
- Divulgar, promocionar e dar a coñecer o xadrez.
- Informar das actividades do CFX así como da súa organización
interna a todos os seus socios así coma aos interesados en facerse socios
do CFX.
O CFX redactará Notas de Prensa Oficiais que serán enviadas a todos os medios de comunicación que as requiran. Estas Notas de Prensa incluirán as noticias que xenere a práctica do xadrez da nosa cidade, con especial atención aos feitos que afecten ou protagonicen os xogadores socios da nosa entidade. A periodicidade das notas terá que ser semellante á organización de actividades sendo aconsellable que sexa semanal.
A Vocalia de Prensa podera concertar entrevistas, filmacións, sesións fotográficas, etc. cos medios de comunicación co fin de cumplir cos obxectivos do artigo 1; ademáis terá potestade para marcar as condicións que deberán cumplir tanto os medios coma os xogadores ou socios que interveñan neses actos.
O CFX terá unha páxina web oficial onde se almacenarán todas as noticias que afecten á práctica do xadrez na nosa cidade así coma á entidade. Todas as notas de prensa que emita o club deberán ser incluidas na web (resumidas ou ampliadas). Tamén se incluirán todas as informacións que serán importantes para os socios, en especial, Estatutos, Réxime Interno, decisións e convocatorias dos órganos de goberno do CFX (Presidencia, Xunta Directiva e Asamblea).
A páxina web terá un director que será o responsable do seu funcionamento ademáis de coordenar a todos os socios que queiran traballar neste proxecto. Debese promocionar o feito de que os socios poidan escribir as súas colaboracións, críticas ou opinións acerca das actividades xadrecísticas ou a entidade. O director deberá ter en contar as suxerencias que reciba dos socios. Por outra banda o director poderá acordar con outros medios ou entidades colaboracións para enriquecer a páxina web. Estes acordos deberán ser ratificados pola Xunta Directiva. Unha vez o ano o Director deberá realizar un informe das actividades da páxina durante esa temporada que será lido nunha Xunta Directiva.
Os socios que participen nos órganos de goberno teñen
dereito a privacidade. Non se poderá publicar os diálogos dos
socios nas reunións da Xunta Directiva ou Asambleas salvo que todos os
socios afectados estean de acordo en facelo (deberán deixar constancia
escrita). Nunca se poderá especificar o resultado dunha votación
dunha Asamblea ou Xunta Directiva nen moito menos dicir o voto que fixo un socio.
Cando se informe acerca das decisións dun órgano de goberno só
se poderá explicar o contido do que se vota e que o resultado foi aprobado
por maioría ou unanimemente ou ben rechazado.
A información que contén o libro de actas
e o de contas so poderá ser publicada previa selección e aprobación
dunha parte concreta por parte da Xunta Directiva. En especial a información
correspondente a desgloses de cifras, cobros e pagos concretos, etc. non se
deberá publicar. Esta condición de información restrinxida
poderá ser ampliada a outros informes que a Xunta Directiva considere
oportunos. Un socio que divulgue información deste tipo sen consentimento
expreso da Xunta Directiva estará cometendo una falta moi grave.
Os socios sempre poderán consultar eses libros e recabar da Xunta Directiva
as explicacións que precisen para entendelos. Esta información
poderá comunicarse entre os socios.
O Director da Páxina Web será responsable de manter o nivel adecuado en canto os contidos e formato dos textos e fotos. En todo caso non se deberán incluir textos que resulten difamatorios, insultantes ou que atenten contra a dignidade dalgunha persoa ou entidade. No caso de que se incluiran mensaxes ou textos deste tipo deberán ser suprimidos no prazo máis curto posible.
O Círculo Ferrolán de Xadrez poderá aprobar e promocionar a creación dunha revista oficial ou boletín informativo que informe acerca do xadrez ferrolán. A revista terá o seu director e as consideracións anteriores acerca da páxina web se aplicarán do mesmo xeito a esta publicación en papel. O Director deberá informar acerca de cada número que se edite da revista á Xunta Directiva especificando os contidos, colaboradores e resultados obtidos.
A Xunta Directiva incluirá as partidas orzamentarias que se precisen tanto para a páxina web, coma a revista, coma outros gastos que se xeneren na promoción nos medios de comunicación. A Xunta Directiva deberá tentar atender as peticións materiais tanto do Vocal de Prensa e os Directores da Páxina Web e Revista que ademáis terán preferencia á hora de usar o material necesario nas súas actividades (ordenador, fax, teléfono,...) na medida das posibilidades do club.
A Xunta Directiva poderá aprobar a creación
de ficheiros de datos que servan para os proxectos e obxectivos da entidade
(competicións, escola, material do club,...). Estes ficheiros deberán
ter un responsable que se asegure do seu correcto funcionamento e actualización.
Os datos recabados só se poderán empregar para cumplir coa finalidade
do ficheiro. A cesión dos datos a outros fins ou entidades ou ben a súa
publicación so poderá ser aprobada por unha Xunta Directiva e
en todo caso se deberá respetar a lexislación vixente en canto
a protección de datos persoais.